O certame Constantino Bellón celebrarase en novembro

O Ateneo e o Concello de Ferrol manteñen o evento malia a falta de apoio da Xunta

27/10/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Teatro Jofre acollerá, os vindeiros días 8 e 9 de novembro a XIX edición do certame de Gaita Constantino Bellón. A implicación do Ateneo e do Concello de Ferrol e mais o apoio da Deputación da Coruña permitirán que o evento se celebre este ano, logo de que a retirada do apoio da Secretaría Xeral de Emigración puxese en perigo o concurso. En total dez gaiteiros competirán polo premio na categoría de gaita solistas. O galardón de composición foi para Jesús Rodil Rodríguez coa obra Lugrís.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

06/08/2002

Dúas gaitas de Bellón

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Ferrol, Teatro, Teatro Jofre, Deputación da Coruña

Claves

Conceptos
Lugares