O certame de gaita Constantino Bellón non se celebrará este ano

Tamén periga a celebración do Outono Fotográfico de Ourense

| Santiago. Redacion | Seccións: sociedade
Compartir:

O Ateneo Ferrolán decidiu suspender a celebración do XIX Certame de Gaita Constantino Bellón, prevista para os vindeiros días 30 e 31 de agosto. A retirada do apoio que a Secretaría Xeral de Emigración prestaba ao evento é a causa que a organización esgrime para explicar esta suspensión. Emigración cubría os gastos de levar ata Ferrol catro gaiteiros dos centros galegos no exterior que competían polo premio Gaiteiro de Soutelo. O departamento sinalou que na actualidade ten outras prioridades de investimento. Ao tempo, tamén o Outono Fotográfico de Ourense corren perigo polos axustes orzamentarios da Xunta. Desta volta é a Dirección Xeral de Xuventude a que reduciu a 10.000 euros o apoio que lle presta á Casa da Xuventude de Ourense para este outono, un orzamento que só cubre as Xornadas de Banda Deseñada que organiza esta entidade e deixa mil euros para o evento de fotografía, que ten un custe aproximado de 24.000.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Outono Fotográfico, Xuventude, Banda deseñada, Fotografía...