Ourense terá Xornadas de banda deseñada

A Fundación Benito Losada celebrará tamén o Outono Fotográfico

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Ourense terá Xornadas de banda deseñada

As Xornadas de Banda Deseñada de Ourense terán unha nova edición este ano. Fronte á retirada de apoio público á súa celebración, a Fundación Benito Losada anunciou que ten preparado un programa para o vindeiro outono e que conta coa presenza no evento de Davíd Rubín, Brais Rodríguez, Lola Lorente, Jacobo Fernández e Miguel Cuba. Ademais, retomarase o certame de banda deseñada vencellado ao evento e haberá unha nova edición do Fanzine das Xornadas.

A Fundación anuncia do mesmo xeito a continuidade do Outono Fotográfico, nunha edición que incluirá a nova sección Outono aberto, orientada a creadores principiantes. A creación dun premio vencellado ao certame, a introdución de novas disciplinas e mais o intercambio con outros países son outras das novidades previstas.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Ourense, Outono Fotográfico, Brais Rodríguez...

Claves

Conceptos
Lugares