Malia á crise e aos problemas derivados da desaparición do director da Casa da Xuventude, o falecido Benito Losada, as Xornadas de Banda Deseñada de Ourense continúan a súa andaina e comezan, mañá mesmo, a súa XXIV edición. Esta mesma mañá presentábase o programa da nova edición, que inclúe unha exposición de orixinais de obras de novela gráfica galega editadas en 2011 que se poderá ver no Museo Municipal. Na mostra poderán verse páxinas de David RubÃn, José Domingo, Lola Lorente, Jacobo Fernández, MartÃn Romero, Miguel Cuba e Brais RodrÃguez.
Canda a isto, as Xornadas albergarán un ano máis as obras premiadas no certame Injuve 2011, con traballos de Pablo Roa, Pau Valls, Diego Blanco, Néstor Fernández, Ana Santiso, Jose Domingo, Irati Fernández, Wahab Zeghlache.
A librarÃa Sindicato del Cómic, pola súa banda, acollerá unha exposición e venda de láminas de Las fabulosas crónicas del ratón taciturno de MartÃn Romero.
Non falta tampouco á cita o Premio Ourense á mellor iniciativa do ano de banda deseñada, e por vez primeira entregarase o Premio Benito Losada de Banda Deseñada, destinado a autores de ata trinta anos. Está prevista tamén a edición dun novo número do tradicional Fanzine das Xornadas, que se presentará ao público o vindeiro 19 de outubro.
A mudanza nas sedes das Xornadas amosa a separación por vez primeira desta actividade da sede que as viu nacer, a Casa da Xuventude.