O falecemento de Benito Losada, director da Casa da Xuventude, asà como os recortes provocados pola crise económica, deixaron a súa pegada nas Xornadas de Ourense de Banda Deseñada. Logo de meses nos que se temeu pola súa continuidade, finalmente o festival decano da BD galega iniciará o vindeiro 4 de outubro a súa XXIII edición cun programa notablemente mermado e unha importante dose de voluntarismo na organización. Deste xeito, a única exposición inédita será unha colectiva de autores galegos en homenaxe a Benito Losada. Canda a esta, poderá verse o material do colectivo Polaqia que xa se puido ver no espazo Normal da Coruña e mais unha mostra cos premios do certame estatal INJUVE deste ano. Nesta ocasión, o Premio Ourense á mellor iniciativa do ano na BD galega irá para Demo Editorial, "por apostar pola publicación de comics de autores galegos emerxentes e en lingua galega e pola recuperación do patrimonio histórico de Galicia mediante un medio de entretemento como é a novela gráfica", segundo indica a organización do evento.
Chama a atención no programa a ausencia dunha exposición que sempre estivo vencellada ás Xornadas como é a do premio Xuventude Crea (antes GZ Crea e orixinalmente o certame das propias Xornadas). A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado continúa sen convocar a esta altura do ano o coñecido premio e non respondeu ás preguntas sobre se finalmente o haberá.
O que si se mantén, no entanto, é o Fanzine das Xornadas, que desta volta sairá cunha edición de mÃnimos na que recollerá, fundamentalmente, o material presente na mostra de homenaxe ao antigo director da Casa da Xuventude. O cartel do evento vai a cargo de José Domingo, gañador da anterior edición do Xuventude Crea.
A organización está a traballar tamén para que se realicen presentacións das últimas novidades galegas ao longo do evento.
Segundo explicou Óscar Iglesias, responsable de coordinar o evento, trátase dunha edición de transición que se desenvolveu grazas ao compromiso de autores e afeccionados do paÃs. De cara a vindeiros anos agárdase atopar fórmulas que permitan manter e mellorar o nivel acadado por esta cita.