En setembro “Xornadas de Banda Deseñada”, en decembro “Nadal na casa” e en novembro, “Outono Fotográfico”. Sempre se di que hai un tempo para cada cousa e a casa da Xuventude de Ourense ten tempo para todo. Acaba de inaugurar unha nova edición da grande festa da fotografÃa que este ano se espalla para toda Galicia. É o “Outono Fotográfico”.
O “outono fotográfico” non ten unha liña definida ou un tema monográfico ó que se lle dedique cada ano. En parte porque non lle fai falla e en parte, como ben di Benito Losada, director do evento “porque esto o fai unha cada da Xuventude e que é unha das moitas actividades que organiza ó cabo do ano”. O outono fotográfico é ese gran desfile e esa grande homenaxe ó mundo da fotografÃa desde o que poden estar expertos de calidade indiscutible como Abbas ou Sebastiao Salgado, ou pequenas promesas que comezan a facer os seus pinos no mundo da fotografÃa.
Casualidades moi casuais
“O outono fotográfico foi unha desas iniciativas que xurdiu en Ourense trala reforma da casa da Xuventude” afirma Benito Losada. E que no 82 este edificio cultural sufrÃa un cambio fÃsico bastante grande, tendo un lugar de exposición que os seus directores decidiron encher programando actividades que cubrisen ocos e deficiencias ata aquel momento. Foi cando xurdiu o “Certame de Contos” que aÃnda se celebra hoxe e que conta cuns 80 contos cada ano, e o “Outono Fotográfico”. E este interese pola fotografÃa xurdiu nun momento internacionalmente bo e propicio para o mundo da imaxe. Foi nesa época cando nace en ParÃs, o “Mes da fotografÃa”, en Galicia un ano despois aparecÃa a primeira “Fotobienal”, e en Barcelona, cun deseño moi semellante ó de Ourense, xorde a “Primavera fotográfica”. É este último, casualmente, un evento que trata o mundo das instantáneas e que ten un plantexamento semellante ó de Ourense. Sen embargo, Benito Losada aprecia “a diferencia que existe no tema da imaxe entre Galicia e Cataluña, xa que o evento catalán está organizado especificamente como mostra pola Generalitat e non por unha Casa da Xuventude”.
E é que o “Outono Fotográfico” é unha das moitas actividades e tarefas que fai unha casa da Xuventude, aÃnda que desde fóra se vexa como un evento propio. “Para nós, di Benito Losada, o Outono é o evento de novembro, pero que antes ten o de outubro (as Xornadas de Banda Deseñada), e logo virá o de decembro (o “Nadal na casa”)”. E isto todo sen descoidar as pequenas tarefas de cada dÃa (o dÃa da entrevista, Benito viña de explicarlle a un electricista como fallaban as luces do polideportivo).
Un outono en cifras
Pero aÃnda asà non descoida a súa profesionalidade nin a súa seriedade. No Outono poden verse desde o traballo de fotógrafos absolutamente consagrados ó lado das primeiras mostras de moitos afeccionados ás instantáneas. O que comezou sendo un evento para honrar ó mundo da fotografÃa, un sector completamente esquecido dentro do pobrÃsimo panorama dos anos oitenta, converteuse nun evento que ten máis de 30 organizadores con desfile de datos sorprendentes para unha mostra circunscrita a unha casa da Xuventude. Máis de trinta colaboradores, máis de sesenta exposicións, catro cursos arredor da fotografÃa, concursos para todas as idades, 35 lugares de exhibición repartidos por 12 localidades das catro provincias. Cifras abrumadoras para un “outono fotográfico” que se mantén fiel ó propósito de levar exposicións, imaxes e fotografÃas ata lugares ata os que habitualmente non chegan moitas exposicións.
Lonxe de querer ser un evento programado, cunha temática definida, o Outono está concibido segundo Benito Losada, “como unha mostra máis das liñas estratéxicas da animación sociocultural, levando as mostras por sitios como poden ser Chantada, Monforte, VerÃn...”. E nese interese de facer as cousas para ensinar foi como conseguiu medrar pouco a pouco, ata expandir a súa sona, os seus tentáculos e as súas exposicións por toda Galicia. E foi, como sen darse conta, con toda naturalidade, e tamén porque a cita, ademais de atractiva foi interesante e funcionou. Algo que Losada considera no feito de que “a fotografÃa, a diferencia doutras artes, é moi alcanzable a todo o mundo porque entende o que ve”. Ademais, cunha polÃtica de horarios libres e accesibles a todo o mundo.