Cristina Pato lanza Migrations

A gaita e o piano centran o novo traballo da artista

8/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Capa de Migrations

Roots and jazz from NYC é o lema que acompaña a Migrations o disco que acaba de presentar Cristina Pato desde Estados Unidos e que chegará ás tendas o vindeiro día 15. A gaiteira sinala que o proxecto quere servir como unha nova presentación do seu traballo a partir dos seus dous instrumentos predilectos, a gaita e o piano. Bases tradicionais reinterpretadas cunha importante base rítmica e toques de jazz marcan o eixe deste traballo, no que se atopan muiñeiras (Muiñeira for Cristina, Muiñeira de Carmen), jotas ou pandeiradas (Pandeirada Bestia) canda a temas coma Dindi ou Blue in Green.

A estrea do traballo, editado por Sunnyside Records será o vindeiro 15 de xaneiro no Jazz Standard de Nova York. A primeira cita no noso país está prevista para o vindeiro tres de marzo na Festa do Queixo de Arzúa.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cristina Pato, Jazz, Estados Unidos, Nova York...

Claves

Protagonistas
Conceptos