Un memorando apoiará a integración do portugués no ensino galego

Facilitará a formación de profesores e o recoñecemento de nivel

19/2/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: linguaeducación
44 lecturas | Compartido 0 veces

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóoo e mais o presidente da República Portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, asinaron esta mañá na sede da Real Academia Galega o Memorando de Entendemento para a Adopción do Portugués como Lingua Estranxeira de Opción e Avaliación Curricular no Sistema Educativo Non Universitario da Comunidade Autónoma de Galicia. Este acordo, que se desenvolverá entre o Instituto Camões e a Xunta de Galicia facilitará a cooperación entre institucións tanto na formación de docentes como para implementar o ensino de portugués, ademais de recoñecer oficialmente o nivel que obteñan os alumnos nos seus estudos.

Con esta sinatura, a Xunta comeza a desenvolver o disposto na Lei Paz Andrade para incorporar progresivamente a ensinanza da lingua de Alén Miño no ensino secundario. Na actualidade 861 alumnos de 32 centros de Secundaria e 1.122 das Escolas Oficiais de Idiomas aprenden portugués.

En paralelo a este acordo, entre os días 23 e o 28 celébrase en Braga a primeira edición da Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza, que contará coa presenza de Uxía, Narf e o escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.

Universo culturagalega.gal

11/11/2010

A hora da apertura

O portugués afianzará a súa presenza en Galicia da man do Instituto Camões

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugués, Ensino, Xunta de Galicia, República...