A aposta da Comunidade de PaÃses de LÃngua Portuguesa por consolidar o idoma de Camões no panorama internacional pode traer mudanzas a Galicia. Por unha banda, é de agardar que vexamos unha maior presenza do portugués no ensino e na investigación, asà como unha pegada mais grande da lusofonÃa a nivel cultural. Pola outra, a nosa cultura vaise promocionar internacionalmente mediante a rede do Instituto Camões. A directora desta entidade, Ana Paula Laborinho, fálanos sobre este achegamento.
Nestes dÃas Ana Paula Laborinho, presidenta do Instituto Camões, visita o noso paÃs dando os primeiros pasos dunha colaboración que quere favorecer o intercambio cultural das dúas bandas do Miño. Dentro desta visita enmárcase o convenio de colaboración que asinou co Consello da Cultura Galega, un acordo marco que permitirá dar a coñecer a nosa cultura mediante a rede internacional de centros que o Camões emprega para promocionar o portugués. Ao tempo, as dúas entidades organizarán coloquios, encontros e exposicións que dean a coñecer máis polo miúdo a cultura portuguesa en Galicia. Ademais, a presidenta tamén visitou o Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, con quen negociou a posibilidade de asinar futuros acordos para afianzar o portugués como lingua estranxeira no sistema educativo de Galicia e recoñecer de xeito oficial no noso paÃs as actividades de formación permanente do profesorado do Instituto Camões. Laborinho tamén tivo unha entrevista con Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, con quen acordou incrementar a presenza do portugués nesta entidade académica. Ademais, un convenio entre a Facultade de Tradución e o Camões favorecerá o Centro de Linguas da Universidade a nivel internacional.
O contexto
A presenza de Laborinho no noso paÃs responde a un longo proceso que comeza nada menos que nun foro internacional. A Comunidade de PaÃses en LÃngua Portuguesa (CPLP) aprobou, hai uns anos, facer do idioma común unha prioridade das dúas accións. Deste xeito, canda aos proxectos de colaboración económica e cultural que se viñan desenvolvendo no seo deste organismo, iniciouse un ambicioso plan que busca proxectar o portugués como lingua internacional. Neste plan inclúense obxectivos como mellorar o coñecemento da lingua en Sudamérica ou en China, onde se están a lograr importantes avances. Canda a estes, un dos focos de interese é favorecer a implantación da lingua en Europa e, de xeito especial, en España, sobre todo naquelas zonas onde existe un maior interese polo idioma de Camões. Malia a que o Vello Continente é un dos que está a recibir máis investimentos para mellorar a situación do portugués, é tamén un dos lugares nos que menores son os éxitos que se conseguen neste sentido, segundo explicou a propia Laborinho no Consello da Cultura. De cara a mellorar isto, desde o Instituto Camões teñen claro que España en xeral, e determinadas rexións onde existe unha maior receptividade, deben ser prioritarias na promoción da lingua.
¿Cal é a percepción que existe na CPLP sobre a cultura e a lingua galega?
No encontro no Consello da Cultura falouse varias veces que existe un coñecemento fraco, sobre todo na contemporaneidade. Ao nivel dunha historia común pasada, iso é recoñecido. Todos nós comezamos a estudar a literatura portuguesa pola literatura galego-portuguesa, e con iso fálase tamén de Galicia e da lingua común. Aquilo que é máis difÃcil, e no que existen niveis diferentes de coñecemento, é ao falar da Galicia contemporánea e das súas plusvalÃas. Aà detéctanse moitas diferenzas no paÃs. A Rexión Norte ten un coñecemento moito máis fondo e hai unha relación moi estreita mesmo a nivel económico ou de colaboración interuniversitaria, e isto desenvólvese de xeito natural. Mesmo hai ocasións en que universidades como a Minho teñen relacións máis intensas coas súas homólogas galegas do que coas do sur de Portugal. Si é certo que o coñecemento sobre Galicia pode ser máis tenue no Sur.
A necesidade de enfrontar a globalización levou nos últimos anos aos paÃses de lingua portuguesa a realizar unha reflexión sobre a importancia deste idioma común. De xeito paralelo, en Galicia a visión sobre a nosa lingua tamén mudou, e xa non é extraño que desde calquera posición ideolóxica se fale do potencial que a nivel de comunicación internacional temos co galego. Laborinho considera que, como resultado deses procesos, estamos a ver na actualidade os primeiros pasos dun novo camiño de colaboración.
¿Pensa que mudou a percepción sobre a lingua nos últimos tempos das dúas bandas do Miño?
Desde ese punto de vista aÃnda hai un grande camiño que facer. Por unha banda hai un camiño interno, que corresponde a Galicia, e outro externo. AÃnda hoxe mesmo en Portugal ou en Brasil hai pouca autoestima a nivel de lingua. A xente di aprezar moito o portugués pero non é consciente do valor que a lingua ten. De xeito semellante, non existÃa unha polÃtica exterior de lingua no Brasil, é iso é fundamental para ter unha polÃtica global do portugués. Tendo en conta o fenómeno da globalización, imos ter que pensar que é o que nos fai globais. E iso é a cuestión da lingua. Polo que se estivo a falar no encontro do Consello da Cultura, en Galicia tamén houbo un proceso semellante. Pasou un intervalo e chegouse a un momento no que hai necesidade de ser globais, e entón retómase unha cuestión que se callar quedara entre paréntese durante un tempo. Os momentos de crise crean novos desafÃos, sabemos as dificultades que están a ser creadas polo xeito global de vivir, de negociar e de pensar, pero ao tempo iso pode ser unha ocasión de afirmar diversidades. Estamos nun proceso de conversión e a nese sentido non só hai mudanzas en Portugal, a propia Galicia está a percibir o papel, non só identitario, mais tamén de internacionalización da lingua. É un proceso e aÃnda faltan pasos por dar.
Un dos encontros que mantivo foi coa Universidade de Vigo. ¿Qué papel desempeñan as institucións académicas á hora de potenciar o portugués?
A cooperación a nivel de ciencia e investigación de cara a consolidar o portugués é moi importante. Existe a percepción de que o inglés é a lingua do coñecemento, o xeito de medir a importancia do que se investiga é vendo o número de referencias nun sistema de indización que está feito en inglés. Agora Brasil está a tentar lanzar un sistema de indización en Portugués. Isto é algo que se poderÃa desenvolver en colaboración co galego ou co castelán, e é moi importante. As novas tecnoloxÃas son fundamentais para medir a presenza dunha lingua no mundo. ¿Cantos contidos en portugués existen? Temos aÃnda que traballar moito nesta consciencia. Ao se asociar Galicia a estes aspectos, o noso traballo coas universidades é fundamental para construÃr esta ciencia nun idioma común, como tamén será importante o coñecemento mutuo que se poida construÃr a través da cultura. Agora, se temos un obxectivos de internacionalización, este pasa por relacións económicas privilexiadas con paÃses de lingua portuguesa, pasa por unha lingua de ciencia en portugués e por contidos en Internet e medios de comunicación en portugués. Estes obxectivos non poden ser perdidos de vista.
Os acordos que está a desenvolver o Instituto Camões en Galicia, especialmente o convenio marco co Consello da Cultura, responden a unha estratexia de posicionamento internacional aproveitando institucións e organismos locais.
¿Podemos contar con ver novos centros Camões en Galicia?
Teremos dificultades en abrir novos centros. Temos o de Vigo, ao que lle outorgamos unha grande importancia, pero a polÃtica que desenvolvemos hoxe en dÃa, en todo mundo, é a parcerÃa con asociacións locais. Non é tan importante ter polos propios senón asociacións que nos permitan desenvolver unha acción, Máis centros non teñen que significar un maior crecemento nin unha maior apertura. Co sistema de parcerÃas podemos entrar en redes culturais e lingüÃsticas locais con máis facilidades.
¿Como ve no futuro o relacionamente lingüÃstico entre Galicia e a LusofonÃa?
Son optimista. Galicia é unha das rexións nas que o acceso ao portugués é moi significativo. Temos que ir camiñando a medida que os pasos se van dando tamén na banda galega. Non podemos definir unha polÃtica especÃfica se esta non se articula tamén nesta banda. Hai decisións que deben ser tomadas en Galicia. Nós iremos acompañando esta reflexión e correspondendo a ela, pero non nos cabe a nós resolver algunhas cuestións.