As materias de lingua e literatura galega son menos valoradas do que outras, tanto por alumnos coma por profesores. Canda a isto, a existencia de prexuÃzos e de diferentes actitudes de cara ao noso idioma, e unha escasa presenza social do mesmo dificulta que os alumnos obteñan unhas competencias axeitadas en galego. Ao tempo, detéctase un desaxuste entre os obxectivos das materias e a práctica nas clases, que se centra en contidos gramaticais e ortográficos máis do que en usos da lingua. Estas son algunas conclusións do informe Situación do ensino da lingua e da literatura galega na Educación Secundaria Obrigatoria, que realizou o Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago mediante un convenio co Consello da Cultura Galega (CCG) e que se presentou esta mesma mañá na sede deste organismo. Ao tempo, o informe confirma o incumprimento do decreto de galeguización do ensino e a diminución do galego como lingua inicial e habitual entre os máis novos.