España ingresa na Comunidade de Países de Língua Portuguesa

O colectivo de Docentes de Português na Galiza incorpórase ao ente como observador consultivo

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Imaxe da conferencia da CPLP de 2021

Imaxe da conferencia da CPLP de 2021

O Goberno Central anunciou este sábado 17 de xullo a formalización do ingreso de España como Estado Observador Asociado da Comunidade de Países de Língua Portuguesa. O cumio que a CPLP celebrou en Luanda ratificou a incorporación solicitada desde Madrid. No comunicado emitido pola Moncloa apuntouse que no seo do organismo "España traballará para analizar e concretar os distintos ámbitos de colaboración" a incidir no potencia da "promoción do idioma portugués no ámbito nacional e internacional" para o pretende afondar na cooperación entre os institutos Cervantes, Camões e o Internacional da Língua Portuguesa.

Do mesmo xeito anuncia traballos conxuntos na loita contra a violencia de xénero, na colaboración económica e nos acordos de carácter diplomático no marco dunha entidade que definiu como "foro privilexiado de cooperación" e "auténtica ponte entre continentes".

O Goberno de Madrid lembrou ademais o "notable impulso que la Comunidade Autónoma de Galicia deu á candidatura de España" e lembrou que tanto a Academia Galega da Língua Portuguesa coma o Consello da Cultura Galega xa facían parte da entidade como Observadores Consultivos. A estas dúas entidades sumouse tamén esta fin de semana, por acordo tomado no meso cumio de Luanda, a asociación Docentes de Português na Galiza, que obtivo a mesma categoría de Observador Consultivo.

A solicitude estatal para facer parte da CPLP levou a que a Xunta de Galicia desistise de presentar unha candidatura propia para o noso país, tal e como aprobara por unanimidade o Parlamento en 2018.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Portugués, Goberno Central, Cervantes...