Miles de persoas maniféstanse en Santiago pedindo cambios na política lingüística

A manifestación foi convocada por Queremos galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Miles de persoas -máis de 25.000 segundo a organización- ateigaron a Praza da Quintana, en Santiago de Compostela, convocadas pola plataforma Queremos Galego. Nesta convocatoria influíron, sen dúbida, as últimas estatísticas ofrecidas polo Instituto Galego de Estatística que alertaban da caída de falantes entre as novas xeracións. Marcos Maceiras, voceiro do acto, sinalou que "temos forza para reverter esta situación".

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Instituto Galego de Estatística, Praza da Quintana, Santiago de Compostela