O MARCO adianta a súa programación para 2015

Francisco Mantecón e Luís Seoane son algúns dos nomes que visitarán o centro

8/1/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Francisco Mantecón é o nome que abre a programación do MARCO de Vigo para 2015. O Museo de Arte Contemporáneo presentaba esta mañá as súas propostas para o ano, entre as que destaca tamén a mostra Movementos universais dedicada a Luís Seoane (a partir de xuño) ou a colectiva Port Authority, con traballos de Gintaras Didžiapetris con AaBbPp, Elena Narbutaitė, Rosalind Nashashibi e William Eggleston. Como novidade, o MARCO abre unha sala para proxectos na súa antiga tenda, onde se programará o ciclo de mostras Intertextual de Ángel Calvo Ulloa. Este mesmo espazo albergará, a partir do 16 de xaneiro, a exposición 249 litros de Carlos Maciá.

Como está a ser habitual nos últimos anos, o centro acollerá tamén unha mostra dos traballos que recibiron bolsas DKV e o proxecto gañador do premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM para novos comisarios, que desta volta foi A voz do tradutor de Martin Waldmeier.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Luís Seoane, Francisco Mantecón, Ulloa, Vigo...