Port Authority leva o almacén ás salas do MARCO

O museo vigués acolle esta exposición ata o vindeiro 17 de maio

9/2/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Como a proposta máis conceptual da nova temporada, o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo abría esta fin de semana Port Authority. Comisariada por Agar Ledo e coproducida co Musée d'Art Contemporain de Bordeaux, o proxecto parte dos traballos do lituano Gintaras Didžiapetris e mestúraos con pezas de AaBbPp, Elena Narbutaitė, Rosalind Nashashibi e William Eggleston. A idea é traballar a exposición "como un lugar onde as ideas, obxectos ou seres se entrecruzan; un proxecto onde se exploran situacións de transferencia ou intercambio". Arquivos, fotografías, debuxos, filmes e obxectos que non se identifican cun medio concreto fan parte deste proxecto que se pode visitar ata o vindeiro 17 de maio e que fai do Museo "unha especie de depósito, un lugar a modo de almacén onde os obxectos repousan antes de ser distribuídos", segundo explica a presentación da mostra.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agar Ledo, Vigo, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)

Claves

Protagonistas
Lugares