A Coruña acolle unha selección de obras do Museo do Prado

Os obxectos falan pode verse ata o 29 de maio no Kiosko Alfonso

17/2/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Sesenta obras de grandes autores depositadas no Museo do Prado, entre elas traballos de mestres como Goya, Rubens, Velázquez ou Sorolla. Esta é a proposta que abría onte as súas portas no Kiosko Afonso da Coruña e que se poderá ver ata o vindeiro 29 de maio. Os obxectos falan. Coleccións do Museo do Prado é unha mostra itinerante na que se percorre a atención dos artistas aos obxectos nas súas obras e que aborda un período de 350 anos. O Concello desenvolverá actividades didácticas ao abeiro da mostra e haberá tamén visitas guiadas e para escolares.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo do Prado, A Coruña, Kiosko Alfonso

Claves

Lugares