Un encontro abordará o interese internacional pola nosa cultura

Estudos Galegos/Estudos Ibéricos. Alén das fronteiras celébrase entre o 17 e o 19 deste mes

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A sede do Consello da Cultura Galega en Santiago acolle entre os vindeiros días 17 e 19 de decembro o seminario Estudos Galegos/Estudos Ibéricos. Alén das fronteiras. Este encontro internacional quere analizar o interese pola lingua e a cultura do noso país fóra do seu territorio. No programa inclúese o fito de xuntar por vez primeira os responsables e xuntar por primeira vez na mesma mesa os responsables dos institutos encargados da difusión da cultura e o idioma das diferentes linguas ibéricas, o Instituto Cervantes, Camões, Llull e Etxepare.

Ademais, especialistas de diferentes partes do mundo abordarán a situación dos estudos sobre Galicia e as súas experiencias a achegar a nosa cultura en ámbitos alleos.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Instituto Cervantes