SóLODOS Danza leva Sazón a Ourense

O espectáculo estréase mañá no Auditorio Municipal

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
SóLODOS Danza leva Sazón a Ourense

O costarricense Erick Cabana e a galega Maruxa Salas, SóLODOS Danza, estrean en Ourense o seu último proxecto. O Auditorio Municipal acolle mañá ás 20:30 horas a posta en escena de Sazón, unha coreografía na que dous personaxes se preparan para unha celebración. "Os seus corpos, as súas texturas e os seus cores identifican o carácter de cada un dos intérpretes, que realizan un ritual físico de preparación pero no que tamén hai encontros oníricos e outros que van organizando os seus corpos para o baile final", explica a compañía. O espectáculo conta cun vídeo no que se inclúen imaxes dea Ruínas de Ujarras, en Cartago (Costa Rica); en La Vilerma, no Mosteiro de Santa María de Melón e en Pazos de Arenteiro.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Danza, Ourense, Espectáculo

Claves

Conceptos
Lugares