As páxinas do xornal irlandés The Irish Times recolleron esta fin de semana a selección feita pola encargada da crítica literaria do medio do mellores libros de ficción editados no ano 2014 e na segunda posición desta lista situou a tradución do libro Todo é silencio (Eds Xerais) de Manuel Rivas. "Cun entorno costeiro que podería ser o oeste de Irlanda e un elenco de personaxes que poderían tamén ser irlandeses" recoñece a crítica Eileen Battersby do libro editado en inglés con tradución de Jonathan Dunne polo selo Vintage. Battersby apunta ademais que a obra de Rivas amosa "destellos do mítico escritor americano William Gaddis", autor relacionado coa corrente "undergroud" e cuxo libro The Recognitions (1955) está segundo noutra lista da xornalista das mellores novelas americanas de todos os tempos.
O libro de Rivas narra a situación de tres persoaxes que compartiron infancia nun pobo costeiro e vénse separados posteriormente nun contexto marcado pola corrupción criminal das redes do contrabando e do narcotráfico. Todo é silencio relata, segundo a presentación editorial, "como os círculos do crime rodean e corrompen, non sempre con éxito, o estraño feitizo da condición humana". A novela obtivo en Galicia o Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro narrativa para adultos, 2010, Premio Ánxel Casal ao mellor libro do ano 2010 e Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega (Narrativa), 2011. A historia de Todo é silencio foi levada ao cine por José Luís Cuerda en 2012.