Urco Editora volta á BD con Vitoria final

Manel Cráneo completou o crowdfunding para publicar Destino Hergüss

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Urco Editora volta á BD con Vitoria final

Logo de varios anos sen publicar novas bandas deseñadas, Urco Editora acaba de anunciar como novidade para este ano Vitoria final. Este álbum de 52 páxinas a cor foi realizado por Iban Zaldua e Julen Ribas e gañou o Premio Euskadi de Literatura 2012 ademais de facer parte da Lista de Honra do IBBY. A obra conta unha historia de detectives nun futuro distópico no que Alemaña gañou a II Guerra Mundial.

En paralelo a este lanzamento coñecemos que Manel Cráneo acadou con éxito completar a campaña de crowdfunding que realizou na plataforma Verkami para publicar a novela gráfica Destino Hërguss. O autor recadou 11.623 euros que lle permitirán publicar o volume de 108 páxinas a cor que contará con banda sonora propia, videoxogo e toda unha serie de merchandising vencellado ao Planeta Mincha.

Tamén acaba de ver a luz a segunda entrega da revista El Arca de las Historietas, que coordina desde Vigo o guionista David Braña, e onde se poden ver traballos de varios autores galegos.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Urco Editora, Vitoria, Manel Cráneo, II Guerra Mundial...