Manel Cráneo lánzase ao álbum de ciencia ficción con Destino Hërgüss

Demo Editorial publicará tamén a versión en catelán de O fillo da furia

6/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
53 lecturas | Compartido 0 veces

Páxina de Destino Hergüss, a amosar o Barrio Alto de Ardüa

Demo Editorial, a firma que dirixe Manel Cráneo, publicará o vindeiro mes de decembro unha banda deseñada de ciencia ficción deste autor. Destino Hërgüss é unha obra de entre setenta e oitenta páxinas que Cráneo ambienta no Planeta Mincha, na que tamén se sitúan os contos infantís que está a publicar con Everest. Desta volta, a BD narra o xeito no que o doutor Pichük, protagonista da serie de contos, consegue o seu traballo no Ministerio de Ciencia do planeta. "É unha obra dirixida a un público máis ben xuvenil e adulto, que emprega outro rexistro ao dos contos", sinala o autor. O libro irá acompañado dun CD coa banda sonora que corresponde a historia, tamén elaborada por Cráneo. O proxecto foi apoiado cunha das bolsas de apoio á creación que convocara a Consellaría de Cultura.
Canda a isto, Demo coeditará coa editora madrileña Diábolo a versión en castelán de O fillo da furia, de Manolo López Poy e Miguel Fernández

Universo culturagalega.gal