Demo Editorial anuncia dúas novas coleccións de BD

A ciencia ficción e Castelao protagonizan os vindeiros lanzamentos

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Páxina de O pobre tolo

Páxina de O pobre tolo

Salpock, a obra coa que Álvaro López e Luís Sendón quedaron finalistas no Premio Castelao 2010, é lanzamento co que Demo Editorial abrirá, o vindeiro mes de abril unha liña dedicada á ciencia ficción. A obra, segundo adianta á editora, achega "unha historia de acción e aventura nun mundo futuro e post-apocalíptico enfocada a todos os públicos". Na mesma liña publicarase, con certo atraso, o xa anunciado traballo de Manel Cráneo,Destino Hërgüss.

En maio, Inacio e Iván Suárez iniciará con O pobre tolo a colección que a editora lle vai dedicar a Castelao. O volume percorre parte da biografía do galeguista ata o seu desterro en Estremadura, en 1934. A obra, que se supón é a cuarta parte da saga dedicada ao político rianxeiro, fai parte da mesma serie de Titoán, coa que os dous autores gañaron o último Premio Castelao. A edición de O pobre tolo faise en colaboración coa libraría compostelá Kómic, que integra este proxecto nas celebracións dos seus 25 anos.

Os autores do proxecto agardan que Titoán vexa a luz en agosto e prevén un total de oito volumes na colección.

Que che parece esta nova?
127 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Demo, Demo Editorial, Ciencia...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares