Falece Olimpio Arca, o erudito estradense

Desenvolveu unha intensa carreira como investigador e dinamizador da cultura comarcal

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Olimpio Arca no IES García Barros da Estrada, 2010. Fonte: Wikimedia Commons

Olimpio Arca no IES García Barros da Estrada, 2010. Fonte: Wikimedia Commons

Aos 86 anos de idade falecía onte na súa casa da estrada o escritor, profesor e historiador Olimpio Arca. Ao longo da súa vida, Arca desenvolveu un intenso labor de investigación e defensa do patrimonio local, desenvolvendo entre outros traballos a función de cronista local ou a dirección do Museo do Pobo Estradentes. A nivel literario, desenvolveu investigacións históricas sobre cuestións como os emigrandes da comarca e análises etnográficas como a que lle dedicou ao entroido do Ulla. Ademais escribiu tamén varias obras de teatro e contos. O tanatorio de San Pelayo na Estrada acolle a capela ardente na súa honra, e a misa funeral celebrarase ás 16.30 horas de hoxe na igrexa parroquial de San Paio.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Contos, Teatro, Entroido, Ulla...

Claves

Lugares