Nace BocAberta Teatro en Compostela

Preséntase con Express Arte na Sala Vidal Bolaño

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Nace BocAberta Teatro en Compostela

Roi Méndez e Carla Capeáns protagonizan, baixo a dirección de Beatriz Méndez, Express Arte. A montaxe, que se estrea hoxe ás 21 horas na Sala Vidal Bolaño de Compostela, no Campus Sur, supón a presentación ao público da nova compañía BocAberta Teatro. A obra, que adapta o texto de Jose Prieto Os irmáns Gambini poderase ver tamén sábado e domingo. A nova compañía xorde do grupo de teatro afeccionado NNC e nace co "eixo central de facer teatro por e para o público". Os tres implicados "aspiran a crear unha linguaxe teatral propia, próxima e recoñecible. Buscan divertir, emocionar e facer reflexionar ao espectador sen esquecer nunca que el é o porqué do teatro". BocAberta é na actualidade a compañía residente da Aula de Teatro da Universidade de Santiago.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Unha ruada de papas e unto

Unha ruada de papas e unto

O Consello da Cultura Galega edita un facsímile dunha obra de rúa de Roberto Vidal Bolaño

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Roi Méndez, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas
Conceptos