A Feira Cuarto Público volta ao hotel NH Collection en Compostela

O encontro artístico desenvolverase entre o 28 e o 30 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Feira Cuarto Público volta ao hotel NH Collection en Compostela

O Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo acollía onte a presentación da segunda edición de Cuarto Público. A feira de arte compostelá volta a se celebrar, como o pasado ano, no hotel NH Collection, transformando 28 dos cuartos deste espazo en zonas de exposición. Un total de dezasete galerías, entre elas as galegas Trinta, Bus Station, Metros, Ad Hoc, Bacelos, Dua2, Monty4, Atlántica, Dispara e Gloria Helmoud, Joyas de la Raspa participan no encontro, que se celebrará entre os días 28 e 30 de novembro.

Canda a elas, estarán presentes no evento publicacións como Dardo Magazine, Luzes ou Jot Down, ademais de espazos para os proxectos que levaron os premios MAC, Premio Compostela Premio NH Collection. Así, Iba yo de peregrina (Y me cogiste de la mano de Cristóbal Tabares & RoRo, No importa el final de Nuria Ruibal e mais Hot Bed, Hot Head de The Startists Club, de Ribeira, estarán tamén presentes no encontro.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Luzes, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Santiago de Compostela