A feira de arte Cuarto Público volta a Compostela

Celebra a súa terceira edición entre o 11 e o 13 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A feira de arte Cuarto Público volta a Compostela

O Hotel NH Collection de Santiago de Compostela acollía esta mañá a presentación da terceira xeira de Cuarto Público. A feira de arte que se desenvolve nas propias instalacións do establecemento celebrarase entre o 11 e o 13 de marzo vindeiros, e contará coa presenza de galerías como La Aurora, Trinta, Bus Station Space, UFO Fabrik, Dispara, About Art, Lab_In ou Metro entre outras. Canda a elas, institucións como o CGAC, publicacións como Dardo ou Luzes ou proxectos como a feira Peter's Room tomarán cuartos e espazos do hotel para dar a coñecer os seus proxectos. En total poderán verse traballo de máis de 500 artistas.

Na mesma presentación déronse a coñecer os galardóns que se conceden no marco desta convocatoria. Rosendo Cid fíxose co premio da Xunta de Galicia pola súa intervención 365 maneras de estar en una habitación, Amine Assleman viu recoñecido o seu traballo CON/SIN VISADO “Dicotomía entre placer y sufrimiento, lo elegido y lo impuesto” co premio Concello de Santiago, mentres Antípodas de Román Corbato e Miguel Benjumea fíxose co galardón do hotel que acolle o evento. Ademais deles, na feira poderán verse traballos de Gema Alba, Alberto Franco, Elia Núñez, Jorge Viz e Mar Ramón. Performances, festas, concertos, debates e mesmo un desfile de moda compoñen o programa de actividades.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Luzes, Santiago de Compostela, Rosendo Cid...