O Festival Lareta festexa a oralidade en Redondela

O festival celébrase entre novembro e decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Por terceiro ano, Redondela acollerá o festival Lareta, unha "proposta creativa e artística que incide na oralidade e na necesidade de divulgar o traballo artístico feito en lingua galega". Celebrarase todos os sábados entre o 15 de novembro ata o 20 de decembro e contará este ano con Carlos Meixide, Soledad Felloza, Celso Sanmartín, Avelino González e Marián Bañobre. O festival Lareta vaise celebrar no auditorio do Piñeiral do Crego en Chapela e o preszo da entrada é de 5€, con descontos para xubilados e estudantes.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redondela, Soledad Felloza, Carlos Meixide, Avelino González...