O Festival Atlántica vén de anunciar a programación da súa quinta edición, que se vai celebrar entre os dÃas 15 e 19 de marzo. Os cinco anos de vida de Atlántica coinciden coa súa ampliación xeográfica, un feito que Soledad Felloza sinalou durante a súa intervención cando destacou que “este é o ano da consolidación do Festival Atlántica, pero tamén é o dun importante salto adiante, ao chegarmos a toda Galicia” e que se trata “dun dos poucos festivais escénicos con sedes en toda a comunidade”. O intenso traballo en rede desenvolvido vai significar “que os concellos colaboradores poderán acceder a grandes artistas cunha achega económica modesta”, xa que que levará “case 40 espectáculos en 5 dÃas para todos os públicos”. Deste xeito, o Festival Atlántica chega este ano a Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Teo, LalÃn, Vigo e Ourense.
Ademais, fieis ao espÃrito do festival, a programación axunta de novo contadores de paÃses con ribeiras no océano Atlántico –Brasil, Portugal, Uruguai- e convidados doutros mares –Alemaña e Alacante- amais da representación galega. Para Felloza, cómpre salientar “a identificación da cultura atlántica con Galicia” e lembrou que o festival “é a cabeza dunha rede de Festivais do Atlántico que involucra tamén a Madeira, aos Azores, a Lisboa e á Bretaña francesa”. Tamén anunciou que este ano “o Festival Atlántica lle outorga a súa Cornamusa de Honra ao Museo do Pobo Galego, por gardar durante corenta anos a memoria de Galicia”.
Felloza lembrou que a información sobre os contadores e contadoras deste ano xa está publicada na web do festival (http://festivalatlantica.com) e que pouco a pouco se vai ir desvelando o programa detallado das actuacións e mais o prezo das entradas e dos abonos.
Un festival para todos
Como en edicións anteriores, Atlántica volve programar actuacións para todos os públicos e haberá de novo espectáculos para adultos, mais tamén para cativos, que se van desenvolver nas escolas e nos centros socioculturais dos concellos participantes. Ademais, estas últimas actividades van ser gratuÃtas por mor da colaboración dos propios centros. O carácter inclusivo do festival reafÃrmase coas sesións de contos para bebés e co espectáculo en lingua signada, unha novidade da pasada edición que volve este ano.
A presentación tivo lugar este mércores, 15 de febreiro, nunha rolda de prensa que tivo lugar no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela e na que participaron representantes dos concellos que este ano apoian o festival. AsÃ, na rolda estiveron Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo de Santiago de Compostela; Suso Basterrechea, concelleiro de Cultura, Educación, Deportes, Turismo, Festas e Universidade de Ferrol; Pilar Faxil, concelleira de Cultura e Educación de Teo; Lara RodrÃguez, concelleira de Cultura de LalÃn; Marta Souto, do Servizo de Normalización LingüÃstica do Concello de Vigo; Rosa M. DÃaz Naya, directora da Biblioteca Pública de Ourense; e Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica.