O 34 Festival de Teatro Galego do Carballiño celebrarase en decembro

A cita muda as súas datas habituais e desenvolverase entre os días 13 e 16

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O 34 Festival de Teatro Galego do Carballiño celebrarase en decembro

O Concello do Carballiño anunciaba este 28 de novembro a vindeira celebración do Festival de Teatro Galego Celso Parada. A veterana cita muda de mes e celébrase do 13 ao 16 de novembro no canto das súas datas habituais de setembro e conta co apoio da Deputación de Ourense.

A cita botará a andar co espectáculo de Barafunda Teatro para público familiar Antón un neno diferente na xornada do día 16. O pequeno poni de Redrum Teatro, Teatro do Noroeste coa súa nova montaxe As damas de Ferrol e Testosterona de Malasombra protagonizarán a programación en cada unha das seguintes xornadas.

Segundo apunta a organización na presentación do evento que dirixe Carlos Ledo, a mudanza de datas pretende servir de proba "de cara ás vindeiras edicións e crear un costume de consumo de teatro na vila". Como novidades adiantan sorteos entre o público asistente, e lembran que no marco do programa entregaranse os premios Dorotea Bárcena ao mellor espectáculo, escollido polo público, así como o premio de honra do festival.

Que che parece esta nova?
106 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Deputación de Ourense, Concello do Carballiño, Espectáculo...