A xornada Bo uso e mal uso do mar abordará a relación cos océanos

O Consello da Cultura e a Universidade de Vigo organizan o encontro o vindeiro 25 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Formar o futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria para que poida desenvolver accións cos seus alumnos en relación co uso da cidadanía cos océanos. Este é o obxectivo da xornada Bo uso e mal uso do mar que o Consello da Cultura Galega e mais a Universidade de Vigo celebran o vindeiro 25 de novembro na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. A iniciativa abordará cuestións como a situación das rías galegas, a integración da Ocean Literacy nas aulas de Educación Infantil e Primaria, os problemas da sustentabilidade ou o obradoiro Mergúllate no Océano.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo, Educación Infantil, Consello da Cultura Galega, Pontevedra...