A Xunta ampliará o proxecto Abalar a 17.000 alumnos máis

Educación pretende duplicar o número de aulas con contidos dixitais

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

O proxecto Abalar, para a incorporación das novas tecnoloxías nas aulas, chegará o vindeiro curso a máis de 31.500 alumnos de todo o país. Así o anunciou onte a Consellaría de Educación, que quere sumar así a 17.000 novos usuarios a esta iniciativa. Os cursos afectados serán 6º de primaria e 2º da ESO, o que suporá o duplo de aulas con contidos dixitais. A posta en marcha desta iniciativa provocou diferentes críticas este curso pola demora na súa aplicación e mais pola falta de preparación dos docentes que teñen que incorporar estes novos sistemas.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, ESO, Consellaría de Educación

Claves

Conceptos