Arrinca o Proxecto ABALAR para implantar as aulas dixitais

14.500 alumnos recibiran computadores este mes no marco desta iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

O proxecto ABALAR, que busca integrar as novas tecnoloxías nos centros de ensino, iniciou este luns a distribución de computadores entre os alumnos galegos. Ata final de mes 14.500 estudantes dos 300 centros subscritos a este proxecto recibirán un destes aparellos. A distribución está a se desenvolver en 5º de Primaria e 1º de Secundaria. Ao longo do curso, a Consellaría de Educación pretende ademais completar a formación de 300 coordinadores en Tecnoloxías da Información e da Comunicación nos centros vencellados ao proxecto. Canda á distribución de computadores, as aulas contarán con taboleiros dixitais, canóns de video e outros equipamentos.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Secundaria, Educación, Consellaría de Educación, Ensino...