Un programa con monicreques e as axudas para mercar computadores son novas do comezo de curso

Outros comezos de curso

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A coincidir co comezo das clases, ponse en marcha unha serie de iniciativas. Por exemplo, a Consellaría de Educación acaba de facer pública a convocatoria de axudas para que os alumnos de ESO e de Educación primaria teñan máis fácil adquirir computadores. Ata 300 euros por cabeza ata un total de 4.445 aparellos son as propostas que fai este departamento. Ao tempo, comeza o seu curso a XVII edición do proxecto Titerescola, que ofertará trinta e nove funcións destinadas a un total de 8.000 escolares dos centros de ensino da provincia. A iniciativa durará ata o vindeiro novembro e conta coa participación de seis compañías da provincia que ofertan dez espectáculos diferentes.

Máis información sobre as axudas en Galicia Hoxe, sobre Titerescola no web da Deputación de Pontevedra

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, ESO, Galicia Hoxe, Consellaría de Educación...