Seis graos das tres universidades galegas contarán cun 80% de docencia en galego de se aprobar a proposta da Comisión Interuniversitaria de PolÃtica LingüÃstica neste sentido. Xornalismo e Educación Social na Universidade de Santiago, Comunicación Audiovisual, Educación Infantil e Educación Primaria na Universidade de Vigo, e Educación Social da Coruña son as carreiras afectadas por un acordo que esta comisión cualifica como histórico e que se tomou nunha xuntanza celebrada onte en Vigo. A iniciativa de planificar graos cunha alta porcentaxe de aulas en galego xa estaba recollida no Plan de Financiamento do Sistema Universitario 2016-2021, pero aÃnda non se aplicara.
Agora, a proposta remitirase á SecretarÃa Xeral de Universidades para a súa aprobación definitiva. O secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, apuntou a este respecto o seu desexo de que "solucionadas algunhas cuestións burocráticas ou administrativas, que teñen que ver coa xuntanza da vindeira comisión de seguimento do Plan de Financiamento das universidades, poda executarse esta previsión para o vindeiro curso". A Xunta financiará o pago dun grao en galego en cada universidade, mentres o resto dos propostos cubriranse economicamente por parte destas institucións. A Universidade de Vigo xa adiantara a pasada semana a súa aposta por impartir maioritariamente en galego os tres graos contemplados neste acordo.