As universidades non se poñen dacordo coa adaptación a Boloña de Empresariais

Vigo prorroga a diplomatura por dous anos e A Coruña adiántase ao sistema de graos

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

O Espazo Europeo de Educación Superior, máis coñecido por todos coma proceso de Boloña, está a piques de abrir unha nova fenda no sistema universitario de Galicia. Non hai consenso entre as tres universidades para dar unha solución ás diplomaturas de Empresariais e a súa adaptación ao sistema de graos e evitar reduplicacións no mapa de titulacións. Despois dunha infrutuosa xuntanza do Consello Galego de Universidades, a de Vigo prorrogará as súas diplomaturas dous anos máis, mentres que a da Coruña comezará a implantar o sistema de graos. Pola súa banda, está previsto que o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, anuncie hoxe as directrices para evitar dupliacións no mapa de carreiras.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Boloña, Vigo, A Coruña, Educación

Claves

Conceptos