As universidades galegas perderon 30.000 alumnos no último lustro

Edita a Guía do Sistema Universitario Galego que recolle a oferta de todas as titulacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

No curso 2005-2006 había matriculados no Sistema Universitario de Galicia (SUG) máis de 100.000 estudantes. Un número que se reduciu drasticamente, ao pasar a 70.000 alumnos no curso pasado. Estas son as cifras que manexan desde a Consellaría de Educación e que fixo públicas o seu titular, Jesús Vázquez Abad, ao tempo que presentaba a Guía do Sistema Universitario. Un documento que non se editaba desde o ano 2003 e que recolle todas as titulacións, formas de acceso e información de servizo (bolsas, axudas, premios…) do sistema universitario adaptado ao Espazo Europeo de Educación Superior.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Educación, Consellaría de Educación

Claves

Conceptos