No 2008 comezará o novo sistema universitario no que as carreiras terán catro anos

A nova universidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O curso 2008-2009 pasará á historia por ser o inicio dunha nova estrutura universitaria. Desde ese ano deixará de haber licenciados e diplomados para haber “graduados”, título que se obterá tras superar os 240 créditos esixidos. É o primeiro nivel dos tres (grado, mestrado e doutorado) que establece o proxecto de reforma do ensino universitario, que busca a converxencia co Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Só hai tres excepcións a este novo sistema: Medicina, Arquitectura e Veterinaria. Se se mantén o calendario presentado onte pola Ministra de Educación, Mercedes Cabrera, en abril de 2007 aprobarase a LOU e no ano 2012 sairán os primeiros graduados dos novos títulos.

Máis información sobre a nova organización do sistema universitario neste documento (en PDF) presentado onte pola Ministra de Educación, Carmen Cabrera

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Medicina, Arquitectura, Lou...

Claves

Lugares