Unha vintena de carreiras dos tres campus poden desaparecer no novo mapa universitario

Carreiras con pouco futuro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Diferentes filoloxías, Biblioteconomía, Náutica e Tecnoloxía dos Alimentos son algunhas das dezanove titulacións que se imparten no Sistema Universitario de Galicia (SUG) e que, segundo publica hoxe “La Voz de Galicia”, corren o risco de desaparecer. O motivo é que contan nas súas aulas de primeiro cun número inferior a 25 alumnos, un dos criterios mínimos que establece o novo borrador para adaptar a universidade ao Espazo Superior Europeo. Canda este obxectivo, que se marca a Consellaría de Educación, está a posta en marcha do II Plan Galego de Formación Profesional que a titular deste departamento acaba de anunciar para 2008.

Máis información en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Tecnoloxía, Educación, Galicia Hoxe...