A Xunta anuncia a súa intención de especializar as carreiras que se impartan en varios campus e mesmo fusionar titulacións

Recolocar as carreiras

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Xa coñecemos algunhas das medidas coas que a Consellaría de Educación quere reformular o sistema universitario galego de cara á converxencia co europeo. Unha das ideas coas que traballa a Xunta é buscar a especialización das titulacións que se impartan ao tempo en diferentes campus de xeito que se complementen as ofertas. Outra idea que se está a barallar é a posibilidade de fusionar titulacións relacionadas, de xeito que sexa posible graduarse en Economía e Dereito, por exemplo. Canda a estas novidades, o Consello Universitario de Galicia aprobaba onte os programas de posgrao adaptados xa a normativa europea.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Economía, Consellaría de Educación, El Correo Gallego...