O conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, presentaba esta mañá ante o pleno do Parlamento o proxecto de lei do Sistema Universitario de Galicia. O texto pretende incidir na “racionalidade e da eficiencia” e facilitar a incorporación das nosas academias ao Espazo Europeo de Educación Superior. Segundo Vázquez, no proxecto incorporou o 70% das alegacións que se presentaron ao primeiro rascuño, e buscou o consenso coa comunidade universitaria.
O conselleiro destacou que no texto se prevé a creación de ferramentas como o Consorcio Interuniversitario Galego, que tentará coordinar a xestión de servizos compartidos entre estes centros. A proposta de Lei inclúe ademais un apartado sobre dereitos e deberes dos membros da comunidade universitaria e un artigo sobre o emprego do galego nestas institucións.
De xeito paralelo á presentación do proxecto, a Xunta remitiulles onte ás universidades a folla de ruta para modificar o mapa de titulacións que se imparten en Galicia. As academias terán agora dous meses para realizar propostas, especialmente no caso de graos que non acadan unha demanda mÃnima ou que están duplicados en diferentes campos. Entre as opcións que se manexan para ensinanzas nesta situacións está a "agrupación de titulacións nos primeiros cursos, fusións, reconversións a ensinanzas virtuais, conversión a tÃtulos universitarios, ou simultaneidade de titulacións", segundo recolle a nota de Educación e Cultura.
Proxecto de Lei do Sistema Universitario de Galicia na documentación do Pleno do Parlamento de hoxe.O conselleiro destacou que no texto se prevé a creación de ferramentas como o Consorcio Interuniversitario Galego, que tentará coordinar a xestión de servizos compartidos entre estes centros. A proposta de Lei inclúe ademais un apartado sobre dereitos e deberes dos membros da comunidade universitaria e un artigo sobre o emprego do galego nestas institucións.