O Parlamento insta á Xunta a crear unha Lei de Universidades

A Universidade tería así garantido o seu financiamento con cantidades semellantes á media europea

| Santiago. Redacion | Seccións: Cultura
Compartir:

Os tres grupos parlamentarios debateron onte na Comisión de Educación a necesidade de ter un novo plan de financiamento do sistema universitario e unha Lei de Universidades. Alí chegaron a un acordo de mínimos que non fixa nin calendario nin cantidades concretas (os socialistas pedían que o orzamento acadar o 1.5% do PIB), pero si o compromiso de conceder o “financiamento suficiente”, semellante ao investimento medio europeo, para que a universidade galega poida desenvolver a súa tarefa docente e investigadora.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, PIB, Medios de comunicación