Localizan un terceiro porto romano no Ulla

Súmase ao das Torres do Oeste e o de Pontecesures

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Contexto do sitio arqueolóxico no río Ulla

Contexto do sitio arqueolóxico no río Ulla

Cultura confirmou a localización dun asentamento romano, probablemente vinculado a actividade portuaria, na zona ribeirán do concello de Valga, sobre o río Ulla, no lugar coñecido como Mercado dos Mouros ou Ägro de Xaz. Alí apareceron numerosos restos de época romana, durante as prospeccións levadas a cabo por un equipo de arqueólogos dirixidos por David Fernández Abella. O sitio arqueolóxico é un espazo de 11.500 metros cadrados de forma ovalad sobreelevados sobre o río Ulla. Os arqueólogos realizaron dúas sondaxes e nunha delas localizaron un posible almacén e noutra unha traza en negativo dunha cabana. Polos materiais, o poboado podería estar ocupado entre o século II e o V d.C.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ulla, David Fernández Abella, Concello de Valga, Arqueoloxía...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos