As últimas intervencións arqueolóxicas están a revelar unha fotografÃa cautivadora do último tramo do rÃo Ulla, alà onde se xunta coa rÃa de Arousa. Coa descuberta do Mercado dos Mouros, en Valga, os investigadores están a obter un posible fascinante retrato da penetración do primeiro comercio romano en Gallaecia: pequenas illas pantanosas no sur da ribeira do rÃo Ulla que exercerÃan de pequenos destacamentos comerciais, conectando por vez primeira a cultura romana co interior do paÃs dos galaicos.
A descuberta do Mercado dos Mouros debeuse á teimosÃa de varios veciños de Valga, desde o alcalde José MarÃa Bello ao pescador Pepe Potel, veciño do lugar máis próximo ao sitio arqueolóxico, Laxe. O señor Potel buscou pola ribeira do Ulla en marea baixa e atopou unhas estruturas de pedra liñais que tiñan uns 60 metros de longo. Logo decatouse de que habÃa unha finca próxima nun lugar no que lembraba que os devanceiros da casa aludÃan a el coma o sitio no que os mouros facÃan un mercado. Con tan suxerentes pistas, o concello fixo unha limpeza do sitio e no tocón dunha árbore caÃda atoparon unhas cerámicas de cronoloxÃa romana.
O concello conseguiu unha pequena subvención de cultura para facer unhas sondaxes arqueolóxicas. E as sondaxes confirmaron que as vellas lendas tiñan sentido.
O sitio arqueolóxico é como unha especie de plataforma elevada algo máis dun metro sobre as brañas do redor no rÃo e que ocupa algo máis dunha hectárea. "De feito, nas marés altas de setembro, o contorno do sitio fica totalmente inundado e non era accesible", indica David Abella, director da intervención e arqueólogo da empresa ARGOS, dando unha idea de certo emprazamento defensivo. O equipo cientÃfico tivo moita fortuna. Dos 32 metros cadrados que escavaron en dúas sondaxes localizaron evidencias nos dous.
Escavación do edificio de almacenamento. Foto: ARGOS ArqueoloxÃa
Un edificio de almacenamento
Nunha delas apareceu unha construción de pedra e dentro dela numerosos fragmentos de cerámica de almacenamento romana, coherente coa atopada noutros xacementos costeiros galegos, como ánforas Halltern 70, campanienses, Dressel I ou posteriores. "Non apareceron estruturas portuarias no sentido de amarre do rÃo, pero si atopamos materiais de contextos claramente portuarios como todas estas ánforas". O equipo de Abella infire que se pode tratar dun almacén vinculado a este tráfico comercial. "Resulta coherente con outros materiais que nos atopamos no rÃo Ulla e en Arousa, unha gran explosión comercial que se produce ao redor do século I e que foi estudado por outros arqueólogos como Alfredo González Ruibal ou Rafael RodrÃguez e definido coma o ciclo tardorrepublicano".
Segundo estes autores, a relación comercial entre os galaicos e as culturas mediterráneas pasou por distintas fases, pero tamén por distintas culturas. O ciclo tardorrepublicano corresponde á hexemonÃa romana sobre as colonias púnicas, con posterioridade á expedición de Xulio César sobre Brigantium no 61 a.C., cando os romanos gañan os roteiros comerciais do Atlántico. AÃnda que os materiais aÃnda están en estudo, Abella sinala que a cronoloxÃa do emprazamento parece comezar aÃ, beireando o cambio de milenio e chegando ata o século III, reducÃndose moito despois este tráfico comercial no emprazamento, que parece sobrevivir ata o século V. "Isto entrarÃa perfectamente dentro da dinámica comercial e histórica romana desta zona".
Escavación da cabana en negativo. Foto: ARGOS ArqueoloxÃa
A outra sondaxe amosou unha vivenda que apareceu en "negativo", é dicir, apareceron as trazas na terra dunha vivenda de madeira ou palla-barro, de máis de cinco metros de diámetro. No seu interior habÃa un chan de arxila e un pequeno fogar. A cerámica común que apareceu tampouco era indÃxena: era cerámica común romana, o cal lle permite avanzar aos arqueólogos que o espazo non só era comercial, senón tamén habitacional.
As illas comerciais do Ulla
A configuración do sitio arqueolóxico, lixeiramente elevado sobre un contorno inundable, chama a atención de Abella. "AÃnda non se fixeron estudos xeolóxicos que poidan determinar a composición morfolóxica primitiva do Ulla. O Mercado dos Mouros non ten unha configuración defensiva visible hoxe, pero esas caracterÃsticas de elevación no terreo, de achairamento interior, de ficar aillado do contorno, son moi evidentes", sinala Abella, que inevitablemente compara este emprazamento con outro que se atopa moi próximo: as Torres do Oeste. "Aà está o X da incógnita", puntualiza gráficamente Abella.
AÃnda que a maior parte da xente visualiza nas Torres do Oeste o castelo medieval construido para a defensa contra as invasións normandas, o certo é que baixo elas fican as evidencias dun asentamento castrexo no que apareceron un bo número de evidencias de contacto comercial romano. O nivel castrexo e romano das Torres foi arrasado coa construción do castelo, pero os fragmentos cerámicos achados en diferentes puntos permiten coñecer algo da vida anterior do lugar. As Torres do Oeste tamén puideron ser inicialmente unha illa ubicada preto da ribeira. "Estamos pensando en lugares como as Torres ou o Mercado dos Mouros como pequenos portos secundarios situados no rÃo que captan parte do comercio e o redistribúen cara o interior das súas demarcacións". Asà que se cadra a imaxe que vira un comerciante romano cando se adentrara no Ulla é unha serie de pequenas illas, separadas da ribeira por unha zona pantanosa ou cenagosa, nas que haberÃa unha tradición de intercambio comercial.
As autoestradas do mar
A rede comercial continuarÃa rÃo arriba, cara o último establecemento comercial navegable do rÃo Ulla, que serÃa o porto localizado nas proximidades de Ponte Cesures, aÃnda que non hai acordo sobre o lugar exacto no que estarÃa localizado. "Pensemos que todo isto sucede antes de que se constrúan as vÃas romanas", sinala Abella. "A nivel hipotético, pódese falar de que os comerciantes aproveitan ao máximo vÃas navegables como as rÃas e os seus rÃos, para chegar o máis profundo posible no paÃs coas mercadorÃas. Os rÃos galegos son auténticas autoestradas de penetración destes influxos comerciais e culturais cara o interior", indica o arqueólogo, que apunta que "é moi chamativo que haxa poboacións romanas importantes no fondo das rÃas, alà onde se conectan con vÃas naturais como a Depresión Meridiana".
Asà as cousas, o Ulla convÃrtese nun escenario clave para comprender o contacto entre os galaicos e os romanos a través das vÃas comerciais, pero segue a manter unha serie de incógnitas. En teorÃa, a poboación importante da zona serÃa a famosa Iria Flavia, unha importante poboación romana localizada ao redor da basÃlica actual. "Pero de Iria sábese moito pero non se coñece nada", opina irónico David Abella. "Realmente aÃnda temos moi poucos datos de excavación sobre a configuración e a cronoloxÃa de Iria Flavia". A segunda das incógnitas é o feito de que todos os elementos romanos localizados no tramo final do Ulla están na ribeira sur do rÃo. Non parece existir nada relevante, polo momento, na ribeira norte. "Isto serÃa lóxico na rÃa, onde os portos naturais que están no sur da rÃa están máis abrigados", sinala Abella, "pero no interior do rÃo non parece existir ese condicionante. Hai algún tipo de factor que descoñecemos". O sur do rÃo mesmo parece concentrar antigos monumentos, como a misteriosa Turris Augusti, construÃda enfronte da desembocadura do Sar e aÃnda sen localizar, ou grandes fortificacións de época romana coma o Castro Valente.
Coherente coas lóxicas económicas, comerciais e polÃticas que se conclúen de escavacións noutros lugares da costa galega, as novas escavacións no Ulla amosan o dinamismo social e humano dos momentos nos que Roma comeza a facerse presente na antiga Gallaecia: o pacÃfico comercio marÃtimo estaba a anunciar, nese cambio de milenio, a chegada das Lexións.