Os recortes orzamentarios da Xunta continúan a afectar a Cultura nun ano no que outros apartados experimentan subidas. De novo nas contas da ConsellarÃa o apartado da Educación priorÃzase a respecto dos investimentos culturais, que acumulan anos de mingua. Analizamos en dúas reportaxes a situación das contas para cultura.
Pendentes de aprobar no Parlamento, as contas xerais da Xunta medran por vez primeira nos últimos anos, aÃnda que só o fan nun 0,5 por cento. Pola súa banda as da ConsellarÃa de Cultura e Educación increméntanse unicamente un 0,03%. No entanto, as partidas dedicadas especificamente a Cultura descenden un 4,88 por cento e suman 57.742.500, mentres os destinados a lingua fican en 6,7 millóns cunha baixada semellante. Ao igual que o pasado ano, nas contas da ConsellarÃa do vindeiro exercicio incrementan pois os fondos destinados a educación en detrimento dos que teñen como obxectivo a cultura. Debemos ter en conta, de calquera xeito, que se produce un acusado descenso nas contas do departamento destinadas a investimentos na Cidade da Cultura, que no pasado ano eran de 9,2 millóns de euros e este ano fican en 6.716.168.
Afortalar AGADIC
AGADIC preséntase, por segundo ano consecutivo, como o principal departamento que se salva da mingua nos orzamentos para Cultura. Ao igual que no anterior exercicio, a Axencia Galega das Industrias Culturais ve de novo incrementado o seu orzamento, que pasa 9.924.000 euros a 10.385.409, é dicir 461.409 euros a maiores. No entanto, o feito de que o incremento se concentre no apartado de transferencias correntes (3.924.000 euros, case 900.000 euros máis) en detrimento das transferencias de capital, fan pensar que a Axencia contará na práctica con menor capacidade para os seus proxectos, convocatorias de axudas e investimentos e que se atopará máis lastrada polos seus gastos habituais.
A situación do CGAC
O CGAC, pola súa banda tampouco sae moi ben parado nestas contas, xa que se observa unha drástica diminución nos fondos deste espazo para adquirir novas obras, unha partida que pasa de 100.000 a 35.000 euros e que coincide tamén coa perda da custodia a Colección ARCO neste espazo compostelán. A cifra contrasta especialmente con datos como os 200.000 euros que tiña esta partida en 2011. Tamén se detecta unha mingua drástica nos fondos destinados a publicacións do centro, que pasan de 40.000 a só 3.000 euros. Si que ascenden os cartos destinados ao funcionamento, que pasan de 681.414 a 770.414 euros. O espazo, pendente de elixir en decembro dun novo director e sen programa definido para os vindeiros anos, atópase neste momento nun estado de indefinición que semella reflectirse nas contas deste exercicio.
O libro e a difusión
Non teñen visos de se resolver nas contas para 2015 os reiterados chamamentos desde o ámbito editorial a prol de mellorar o apoio público a este sector estratéxico. AsÃ, mantéñense os investimentos en múltiplos apartados e mesmo diminúe nalgún dos considerados máis importantes polo sector. É o caso do epÃgrafe Edición do Libro en Galego, que perde de novo investimento a respecto do pasado ano (80.000 euros) e fica con 348.860. Tampouco se incrementa a partida para asistencia a feiras internacionais (150.000 euros) e mais a análoga para a organización da Feira do Libro na nosa comunidade. Isto último contrasta cos repetidos anuncios de relanzamento desta actividade por parte da Federación de Libreiros ao longo das últimas temporadas. O apoio directo á produción editorial mantén os seus 210.000 euros, ao igual que os cartos destinados á adquisición de lotes de libros para bibliotecas, que seguen a ser 600.000 euros logo dos descensos dos últimos anos. En campañas de animación á lectura tamén hai contas continuistas, cun investimento previsto de 210.000 euros. Neste ámbito únicamente a partida destinada a apoiar a edición de materiais didácticos na nosa lingua ve lixeiramente incrementados os seus fondos, subindo de 150.000 a 170.000 neste ano. Mantéñense iguais os 56.000 destinados a difusión e publicacións culturais e mais os 250.000 de actividades de promoción e difusión cultural.
Apoios directos
Non melloran a súa situación as entidades que reciben apoio directo da ConsellarÃa, que manteñen prácticamente os mesmos investimentos que o pasado ano. AsÃ, o Museo do Mar recibirá un total 731.868 euros, o que supón un lixeiro incremento, ao igual que o Museo do Pobo, para o que está previsto un apoio de 297800 (800 euros máis que en 2014). A Fundación Camilo José Cela (257.294), a Real Academia Galega de Belas Artes (40.000) o Padroado de Sargadelos (30.000 ) e mais o MARCO (100.000) manteñen os orzamentos por parte de Cultura. Poida que sexa este un ano no que mude a tendencia logo de que entidades como o MARCO ou o Museo do Mar visen reducidas as achegas autonómicas nos últimos anos.
Outros apoios
A Real Academia Galega, pola súa, ten garantidas nas contas 520.000 euros, tal e como acordou este mesmo ano coa ConsellarÃa, que ademais investirá outros 40.000 euros nos cursos de verán que organiza esta entidade, mantendo aproximadamente o orzamento do pasado ano logo de varios exercicios con polémicas e problemas neste ámbito.No entanto, continúa a ser o Consorcio de Santiago a entidade que recibe un apoio directo máis importante por parte da xunta. En total son 2.684.413 euros, unha contÃa exactamente igual á do anterior exercicio. O apoio a entidades do terceiro sector segue, ao igual que en 2014, á baixa. Desta volta os fondos pasan de 601.422 a 544.493 euros no apoio a asociacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, aos que se suman, ao igual que o pasado ano, 60.100 euros de “axudas a institucións culturais".
Nunha vindeira reportaxe abordaremos a situación das contas en apartados como a lingua ou o patrimonio, programas que sofren en diferente medida os recortes.
Proxecto de Orzamentos para a ConsellarÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.Pendentes de aprobar no Parlamento, as contas xerais da Xunta medran por vez primeira nos últimos anos, aÃnda que só o fan nun 0,5 por cento. Pola súa banda as da ConsellarÃa de Cultura e Educación increméntanse unicamente un 0,03%. No entanto, as partidas dedicadas especificamente a Cultura descenden un 4,88 por cento e suman 57.742.500, mentres os destinados a lingua fican en 6,7 millóns cunha baixada semellante. Ao igual que o pasado ano, nas contas da ConsellarÃa do vindeiro exercicio incrementan pois os fondos destinados a educación en detrimento dos que teñen como obxectivo a cultura. Debemos ter en conta, de calquera xeito, que se produce un acusado descenso nas contas do departamento destinadas a investimentos na Cidade da Cultura, que no pasado ano eran de 9,2 millóns de euros e este ano fican en 6.716.168.