O CCG acolle unha xornada sobre o patrocinio privado de proxectos musicais

Celébrase esta tarde no Consello da Cultura Galega

O CCG e o equipo de investigación Canal Campus da USC procuran con esta xoranda "xuntar empresas cunha clara traxectoria de patrocinio de eventos musicais con axentes, creadores e promotores da industria musical propia para coñecer de primeira man as súas necesidades e intereses, así como as súas demandas respecto de políticas públicas útiles para o sector, como a lexislación de mecenado ou incentivos fiscais". Canda un relatorio do profesor da USC Xaime Fandiño, na mesa redonda participarán representantes de empresas como Red Bull, Super Bock, Estrella Galicia, Afundación ou Martín Códax.