O CDG preestrea a súa última obra no Festival do Eixo de Viana

Calígula ataca Viana

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

"Calígula" de Albert Camus é a última aposta do Centro Dramático Galego. Unha montaxe que presentan esta noite na Sá de Miranda de Viana do Castelo dentro do marco do V Festival do Eixo Atlántico que finaliza mañá.

Caligula
A obra Calígula de Albert Camus vén de ser adaptada por Manuel Guede para o Centro Dramático. Cunha escenografía vangardista, cóntanos a historia do emperador máis cruel do imperio romano, o home que quería a lúa. Con Antonio Durán no papel principal a obra estrearase no Salón Teatro de Santiago o primeio de novembro.

Eixo Atlántico
O festival Eixo Atlántico de teatro amosa a producción teatral galego-portuguesa das compañías escénicas dos dezaoito municipios asociados a esta institución. Na edición que remata mañá presentouse o terceiro número da revista Ensaio sobre teatro galego-portugués e realizáronse representacións teatrais durante todo o mes.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Eixo Atlántico, Albert Camus, Atlántico, Castelo...