Sen recuperar o formato de festival, Amal volta a Compostela como ciclo de cinema. A manter o formato do pasado ano, a iniciativa proxectará un total de nove filmes entre o 13 e o 18 de outubro, nos que se mesturan estreas cunha selección de traballos xa vistos en anteriores edicións. AsÃ, os espectadores poderán ver Return to Homs, They are de dogs, Amreeka, Infiltrators, Omar, Yo soy Gaza, Homeland (Né Quelque Part), La bicicleta verde e Waiting for Pasolini. Todas as proxeccións desenvolveranse no auditorio auditorio ABanca. Ademais desta entidade, o programa conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais. segundo denunciara a organización, a falta de apoio económico provocara o pasado ano a transformación do festival nun ciclo non competitivo.
Ademais das proxeccións haberá actividades paralelas como unha sesión de filmes para os máis novos e un certame de curtas exprés. Ademais, diferentes locais da cidade ofertarán menús árabes durante o transcurso do evento.
A coincidir coa presentación o presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim anunciou a súa intención de deixar o cargo de proceder á renovación da dirección desta entidade, responsable da organización do ciclo.