
Dragged across concrete, de S. Craig Zahler, Mektoub, my love: Canto I, de Abdellatif Kechiche, Rodrigo Sorogoyen e o seu novo filme Madre, Vitalina Varela, de Pedro Costa, Sharipa Urazbayeva con Mariam, Jessica Hausner e o seu Little Joe, Fourteen, de Dan Sallitt, Top End Wedding de Wayne Blair ou A Girl Missing de Koji Fukada son algunhas das propostas internacionais máis destacadas no programa. No campo do cinema galego, o evento presentará ao público Arima de Jaione Camborda, Eroski ParaÃso de Jorge Coira e Jesús Ron e Longa noite de Eloy Enciso.
En canto a premios, o festival recoñece este ano tres mulleres cos seus galardóns. A actriz galega MarÃa Vázquez recibirá o vindeiro 7 de novembro o seu premio e protagonizará unha retrospectiva. O dÃa 16 será a quenda da homenaxe á directora e programadora portuguesa Rita Azevedo Gomes e no feche do festival Emma Suárez recollerá o galardón que recoñece a súa carreira. Como novidade nesta xeira, os premios do público pasan de ser un a cinco, un por cada categorÃa. Os filmes seleccionados polos votos dos espectadores proxectaranse de novo despois da clausura do festival.
A forte orientación feminina que marca a nova edición déixase sentir tamén na presenta de 42 producións dirixidas por mulleres que fan parte da sección oficial ademais de nos ciclos paralelos dedicados a Agnès Varda, Chanatl Akerman, Pauline Kael, Jessica Hausner ou na selección temática de filmes que superan o test de Bechdel.
A atención ao cinema galego, para alén dunha sección especÃfica, repártese en diferentes espazos do programa para alén de contar cun ciclo sobre Paisaxes urbanas do cinema galego no que as creadoras e creadores participarán en coloquios logo das proxeccións.
As entradas e abonos para o festival están dispoñibles a partir do 4 de novembro no web compostelacultura.gal e mais na billeteira do Teatro Principal.