Os premios Gran de Area recoñecen quince edificacións da provincia de Pontevedra

As delegacións do Colexio de Arquitectos de Vigo e Pontevedra deron a coñecer os seus galardóns

18/9/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: arquitecturaarte
30 lecturas | Compartido 0 veces

Vivenda unifamiliar na Carrasqueira en Bueu premiada nos Gran de Area 2014

Coa integración no contorno, a selección de materiais e a atención ao detalle como principais valores, as delegacións de Pontevedra e Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia daban a coñecer onte as obras galardoadas cos premios Gran de Area deste ano. En total foron 15 edificios da provincia os galardoados, entre os que se atopan proxectos como o novo edificio do Rexistro da Propiedade de Vigo de Irisarri e Piñeira, a reconstrución dunha vivenda unifamiliar en Cela (Bueu) que asina María Pierres López, unha Casa rural en Chaín, Gondomar, de Antonio Soliño Tronco ou unha Vivenda unifamiliar en cabo Estai, en Vigo. Canda a estes concellos, A Estrada, A Guarda, Silleda, Baiona, Forcarei ou Mos tamén viron premiadas algunhas das súas edificacións.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
8 lugares identificados