Os Premios Gran de Area recoñecen doce proxectos arquitectónicos

O Colexio de Arquitectos deu a coñecer os seus galardóns para Vigo, Ourense e Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Vivenda unifamiliar en Vigo premiada nos Gran de Area 2018

Vivenda unifamiliar en Vigo premiada nos Gran de Area 2018

As delegacións do Colexio de Arquitectos de Galicia en Ourense e Pontevedra deron a coñecer o fallo dos Premios Gran de Area. Estes galardóns recoñecen obras e proxectos de calidade desenvolvidos nas demarcacións de Vigo, Ourense e Pontevedra. En total, o xurado do certame recoñeceu un total de doce proxectos dos cincuenta e seis que se presentaron. Tres rehabilitacións e reformas de vivendas en Pontevedra e Vigo, a restauración da portada norte do cruceiro da Catedral de Ourense, a rehabilitación do antigo hospital Espiritu Sancti de Baiona para albergar unha biblioteca e un arquivo ou o acondicionamento dunha nave para oficinas pesqueira en Vigo foron algúns dos traballos galardoados.

Canda a estes, completan o palmarés unha nave industrial en Nigrán, a Escola A Baiuca da Estrada, as oficinas de EXLABESA en Valga, unha vivenda familiar en Pereiro de Aguiar, o proxecto da Perruquería Sonia Portela de Pontevedra ou a Taberna Morrofino de Vigo.

O xurado estivo composto por Antonio Davila Alonso, Manuel Abelleira Argibay, Alberto de Paula Prieto, Marta Vilas Rodríguez, Paula Alfonso Laya, Mónica Rúa Ferreño, Severo Fernández Castro e María Mariño de Oya, secretaria da delegación de Vigo do COAG, como secretaria con voz pero sen voto.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Pontevedra, Ourense, Catedral...