Once edificios levan os premios Gran de Area

Os colexios de arquitectos de Pontevedra e Vigo fallaron os galardóns

| Santiago. Redacción | Seccións: Arquitectura
Compartir:
Once edificios levan os premios Gran de Area

Dez obras xa finalizadas e mais un proxecto foron as propostas galardoadas cos premios Gran de Area 2013. As delegacións de Pontevedra e Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia fallaban onte estes galardóns, que recoñecen achegas de importancia á arquitectura e que recibiron un total de 53 propostas nesta edición. Entre os gañadores atópanse proxectos como a Casa da Cultura de Lérez, a reforma da lonxa e mais a da estación marítima de Vilanova, o Centro de Día Residencial de Redondela ou varias vivendas en Vigo. O único proxecto sen completar premiado foi o dunha adega en Camos, Nigrán, realizado por Pablo Menéndez Paz.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Pontevedra, Casa da Cultura, Arquitectura...